top of page

OBRADOIRO DE EMPREGO “MOCIDADE DA MANCOMUNIDADE DE VERÍN II”:

​

Definición e finalidade:

​

            O Obradoiro de Emprego “Mocidade da Mancomunidade de Verín II” é un programa mixto de emprego e formación, dirixido as persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

            A súa finalidade é mellorar a ocupabilidade das persoas participantes mediante a realización de obras ou prestación de servizos de interese xeral e social que posibiliten a realización dun traballo efectivo que, xunto coa formación profesional para o emprego recibida, relacionada directamente con dito traballo, procure a súa posterior  inserción laboral no mercado de traballo.

​

Financiación:

​

            Este proxecto estase a levar a cabo gracias a:

·        Subvención concedida pola Consellería de Economía, Emprego e Industria enmarcada dentro do Programa Operativo de Emprego Xuvenil, cofinanciado pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e o Fondo Social Europeo para o periodo 2014-2020.

·        Aportación municipal: neste caso a Mancomunidade de municipios da comarca de Verín (entidade promotora) composta por sete concellos ( Verín, Monterrei, Laza, Oimbra, Cualedro, Castrelo do Val e Vilardevós).

​

Duración:

​

            O Obradoiro de Emprego Mocidade da Mancomunidade de Verín II ten unha duración de seis meses. Comenzou o 30 de setembro de 2017 e conta con data de finalización 29 de marzo de 2018.

QUÉ É?

Castrelo do Val
Vilardevós
Cualedro
Laza
Oimbra
Verín
Monterrei
bottom of page